Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.446

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 22 de marzo de 2000, da Dependencia de Recadación de Toledo, de notificación de providencia de constrinximento.

Ó non se lle poder notificar ó interesado ou ó seu representante, por causas non imputables á

Administración tributaria, e unha vez tentado por dúas veces, en cumprimento do disposto no artigo 105.6º da LXT (redacción por Lei 66/1997), cítase o interesado ou o seu representante para ser notificado por comparecencia na sede desta dependencia provincial de recadación, en Toledo, na rúa Alfonso X el Sabio, número 1. En caso de non comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta citación, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do dito prazo, conforme o disposto no artigo 103.3º do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), nos seguintes termos: que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente acordou:

«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, líquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

E ademais considerarase que foi notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que finalice a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

Toledo, 22 de marzo de 2000.

Francisco Javier Pajares Álvarez

Xefe da Dependencia de Recadación de Toledo

Recursos:

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.

Motivos da impugnación:

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión de procedemento:

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento:

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento:

Na entidade que presta o servicio de caixa na delegación de Administración da AEAT.

Xuros de demora:

As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas:

En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso:

Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación.

A) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil posterior.

B) Recibida a notificación entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia en forma do interesado:

Advírteselle ó debedor que pode comparecer, en por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparecer en forma o interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

Datos do contribuínte: X1807159A.

Araújo Duarte, Sabido Aristides.

r/ Juventino Nieto Blanco, 7, Talavera Reina.

Concepto: P. públicos.

Descrición: apremiables.

Obx. Trib.: H. cristal.

Clave liquidación: C1100099320114840.

Importe: 28.566.

F. Prov. Apr.: 19-10-1999.