Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de vehículos e maquinaria para o Servicio de Vías e Obras.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de vehículos e maquinaria para o Servicio de Vías e Obras desta deputación, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

-Lote 1: 2 camións 18 Tm con engravillador hidráulico, 28.000.000 de ptas.

-Lote 2: cabeza tractora e góndola transporte maquinaria, 20.500.000 ptas.

-Lote 3: cisterna, 8.600.000 ptas.

-Lote 4: vehículo todo terreo (diésel), 4.500.000 pesetas.

-Lote 5: 2 turismos, 3.200.000 ptas.

-Lote 6: turismo, 3.200.000 ptas.

Ourense, 3 de maio de 2000.

O presidente

Rubricado