Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título D.OU-02/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, adxudicataria dunha vivenda de protección oficial, que con esta data resolvín publica-la incoación do expediente de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título D.OU-02/2000, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da Sección de Inspeccións e Sancións da delegación provincial, e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais (artigos 28 e 29 LRX e PAC).

A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo, alegando por escrito o que considere conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crea oportunas ó seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por realizado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 6 de abril de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: D.OU-02/2000 (ocupación sen título).

Ocupante: Mª Manuela Pires Teixeira Dias.

Último enderezo coñecido: Grupo 1º de Maio, bloque 3, 3ºD, 32600 Verín.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-82/030, conta 18, sen título legal.

Precepto aplicable: artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e artigo 138.2º do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.