Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, para a contratación da dotación da aula de soldadura para o centro de formación ocupacional de Coia-Vigo.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 23/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dotación da aula de soldadura para o centro de formación ocupacional de Coia-Vigo.

b) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 25.349.340 ptas. (150.352,60 euros).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si.

Importe: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: información administrativa: 981 54 46 80-981 54 46 52.

Información técnica: 986 29 34 29 (Sr. Mariño).

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica deberán acreditarse por un dos medios que sinalan os artigos 16 e 18, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro. Así mesmo, deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: estes anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude