Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.422

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de analista, convocada por Resolución do 29 de novembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 23 de decembro).

Expirado o prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, este rectorado, en cumprimento do pre

visto na base 4.1. da Resolución do 29 de novembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 23 de decembro), pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de analista vacante nesta universidade, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, que figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1., faise público que o primeiro exercicio da oposicion dará comezo ás 10.30 horas do día 25 de maio de 2000 na ETS de Arquitectura (Campus da Zapateira, s/n). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade, e bolígrafo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de abril de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña