Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.422

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, a Senén Fernández Hermida.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 4 de maio de 1999 (BOE do 26 de maio), para a provisión da praza nº 99/017, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade, a favor de Senén Fernández Hermida, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Senén Fernández Hermida profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade.

A Coruña, 18 de abril de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña