Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.379

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 3 de abril de 2000 pola que se convoca e regula a concesión de axudas a organizacións de consumidores e usuarios, para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario para o ano 2000.

Advertido erro na citada resolución publicada no DOG nº 74, do 14 de abril de 2000, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 6.317, artigo 3º, punto 7. Cursos básicos de consumo anexo VII, debería figura-lo dito anexo VII sobre deseño curso básico de consumo.

ANEXO VII

Deseño curso básico de consumo

Obxectivo.

-Forma-las persoas que deberán realizar tarefas de información ós consumidores dentro das asociacións de consumidores.

-Proporcionar unha formación básica en materia de consumo a todas aquelas persoas pertecentes ás asociacións de consumidores e usuarios así como outros colectivos interesados.

Duración.

-16 horas lectivas (12 teóricas e 4 prácticas).

Custo por edicción.

-Máximo 200.000 pesetas.

Asistentes.

-Número mínimo de asistentes 20 persoas.

Contidos.

-Dereitos e deberes dos consumidores. Lexislación.

-Competencias en materia de consumo das distintas Administracións públicas.

-As asociacións de consumidores. Funcións e servicios.

-Reclamacións e denuncias.

-Mediación e arbitraxe de consumo.

-Publicidade.

-Normativa xeral e específica sobre productos, bens e servicios.