Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 3 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 20 de xaneiro de 2000 dictada no expediente sancionador AC-50/1999, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14-1-1999), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña, dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-50/1999, incoado ó entón titular do establecemento do café-bar denominado Club-Café, situado na rúa Marcial del Adalid nº 11 do Concello da Coruña, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por via executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3-6-1987).

Expediente: AC-50/1999.

Denunciado: Galisfa, S.L.

Establecemento: Café-Bar Club-Café.

Enderezo: rúa Marcial del Adalid nº 11.

Localidade: A Coruña.

Resolución: 20 de xaneiro de 2000.

Precepto infrinxido: artigo 86 puntos 1º, 2º e 5º da Lei 9/1997.

Sanción: cento cinco mil (105.000)pesetas.

Isabel García Vila

Delegada Provincial da Coruña