Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 314/1999).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I., R.B.T. Cances (Carballo).

Liña eléctrica aérea a 15/20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 427 m de lonxitude, coa orixe na liña derivada da L.M.T. Buño-Corme e final no C.T. Cances que se instalará. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Cances, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón, e con conductor R.Z. de 890 m de lonxitude no termo municipal de Carballo.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, no DOG do 7-2-2000, e no BOP do 20-1-2000, no xornal La Voz de Galicia do día 13-1-2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Carballo; ó mesmo tempo notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 13 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña