Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, no expediente 36/2000.

Vista a documentación que consta no expediente nº 36/2000, remitido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-O Concello de Ribadavia, o día 14 de setembro de 1998, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial do parque empresarial de Ribadavia, no que se delimitan dous polígonos e se establece como sistema de actuación o de expropiación.

Segundo.-O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, mediante Resolución do 5 de outubro de 1999, acordou inicia-lo expediente de expropia

ción forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono nº 1 do parque empresarial de Ribadavia, e foi sometido a información pública mediante anuncios publicados no DOG de 10 de outubro de 1999, no xornal La Región e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadavia.

Terceiro.-As taxacións foron notificadas individualmente ós que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, presentándose alegacións que recibiron o informe da Administración expropiante.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-A aprobación definitiva do plan parcial e delimitación do polígono que desenvolverá o sistema de expropiación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos incluídos no polígono, en virtude do disposto polo artigo 54.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións.

Segundo.-O expediente de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta ó abeiro do disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-Os criterios de valoración dos terreos son os establecidos polos artigos 27 e 31 da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións, correspondentes ó solo urbanizable con plan parcial aprobado definitivamente.

Carto.-A orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 30 de decembro de 1999 (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo, delega no director xeral de Urbanismo a aprobación definitiva do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta previsto polo artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións e as demais disposicións de pertinente e xeral aplicación, en exercicio das funcións atribuídas á Dirección Xeral de Urbanismo, procede adopta-la seguinte

resolución:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono nº 1 do parque empresarial de Ribadavia, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Este acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co disposto polo artigo 146.1º da citada Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente ós interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un prazo de vinte días durante os que poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, de conformidade co disposto polo art. 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación aprobada, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

ParcelaTitularesSuperficie

m

Outros

bens

Valoración total

(pesetas)

28Loeda Vázquez, Javier595Cerca

Viñedo

696.313

31Herdeiros de Julia Gómez Gónzalez226-177.738

121Bernárdez Gómez, José449-353.116

243Domínguez Fernández, Leotina749-589.051

253Fernández Deaño, Manuel1.274-1.001.937

304-AAmil Fernández, Dolores849Cerca, 1

pozo

1 carballo

819.946

309Fernández Deaño, Antonio

Fernández Deaño, Joaquín

2.6522 pozos

1 caseta

1 depósito

cerca

2.996.540

312-AGómez Feijoo, Jorge1.029-809.257

319Cendón Amil, Sara98624

carballos

1.027.440

319-ALópez Vázquez, Teresa9501 pozo836.378

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós de lugar de notificación ignorado, ou ben cando, tramitada a notificación, non se puidese practicar. Todo isto de conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, da Lei 30/1992, do 26 de novembro) ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo