En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.
c) Nº de expediente: 00/05/451.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: asistencia técnica.
b) Descrición do obxecto: realización dos informes técnicos previstos no punto 1.3 do artigo 14 do Decreto 118/1999, do 23 de abril.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 9.388.633 ptas. (IVE incluído).
5. Adxudicación.
a) Data: 22 de marzo de 2000.
b) Contratista: Bureau Veritas, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 7.500.000 ptas. (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2000.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio