Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.349

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (20/2000).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 20/2000 se acordou citar a:

«Cédula de citación.

O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela acordou citalo a vostede, co fin de que o vindeiro día 6 de xuño de 2000, ás 11.30 horas, asista na sala de vistas nº 3 deste xulgado, sita no primeiro piso do edificio dos xulgados, polígono das Fontiñas, rúa Viena, ó xuízo de faltas arriba indicado, seguido por participación en liorta, en calidade de denunciado-ante.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíboo de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaer sobre vostede o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal».

En Santiago de Compostela, o dez de abril de dous mil. O secretario xudicial.

E para que conste e lle sirva de citación a Lionel Tolentino, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co rogo de que lle remita a este xulgado un exemplar do número no que apareza publicada, expido esta cédula en Santiago de Compostela, o dez de abril de dous mil.

O secretario

Rubricado