Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.289

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de marzo de 2000 pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 60, do luns 27 de marzo de 2000, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 4.127, na base décimo terceira, onde di: «Exclúense dos beneficios establecidos nos programas desta orde:», debe dicir: «Exclúense dos beneficios establecidos nos programas deste anexo:».

-Na páxina 4.128, na base décimo sexta, no punto 1, debe engadirse: «indefinido ou da transformación do contrato temporal en indefinido».

-Na páxina 4.128, na base décimo sexta, no punto 3, segundo parágrafo, debe engadirse: «se se trata de contratación indefinida, e ata o ano seguinte ó da concesión da axuda se se trata de contratación en prácticas».