Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias e complementarias do planeamento nº 10/1999, relativa á prolongación dunha vía entre as rúas Río Mandeo e avenida da Milagrosa de Carballo.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Carballo, 10 de abril de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde