Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente 11/2000).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 11/2000.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: microscopio invertido para epifluorescencia. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número: -. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 4.454.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo - Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46 - edificio anexo ó Rectorado - 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo - 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Arenal, nº 46 - planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo - 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46 - 1ª planta. c) Localidade: Vigo - 36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 26 de abril de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo