Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da redacción do proxecto técnico para a construcción dunha praza de abastos e centro social do mar en Bueu (Pontevedra), maila dirección facultativa das obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 00-09-ESUR.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción proxecto técnico para a construcción dunha praza de abastos e centro social do mar en Bueu (Pontevedra), maila dirección facultativa das obras.

b) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución.

1. Para redacción de proxecto: 60 días.

2. Para dirección facultativa das obras: igual ó prazo que resulte para a execución das obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintedous millóns cincocentas mil (22.500.000) pesetas (135.227,72 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: catrocentas cincuenta mil (450.000) pesetas (2.704,55 euros).

b) Definitiva: o catro por cento (4%) do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.

e) Telefax: 981 54 43 43/981 54 53 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

Os licitadores deberán acredita-la súa solvencia económica-financeira, e a súa solvencia técnica-profesional de conformidade cos seguintes extremos:

1. A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras (artigo 16.1ª da LCAP).

2. A solvencia técnica e profesional acreditarase de acordo co artigo 19 da LCAP mediante a presentación dos seguintes documentos:

-Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica, e experiencia profesional de cada un dos seus integrantes. É condición indispensable que no equipo figure un arquitecto superior, como responsable do asinamento do proxecto.

-No caso de non pertencer ó cadro de persoal da empresa, documento de colaboración, aceptado e asinado polo arquitecto superior responsable da redacción do proxecto e da dirección facultativa das obras.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: ás doce horas (12 h) do décimo quinto día contado a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas e prego de prescricións técnicas que rexen para o concurso.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Edificios Administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes: non se esixe.

9. Apertura das ofertas.

Acto pùblico.

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: Edif. Administrativo, San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o sexto día hábil que non coincida en sábado, de rematado o prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: dez horas (10).

10. Outras informacións.

Ver prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda