Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.194

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construcccións Arquitectónicas, a Fermín Luis Bescansa López.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 4 de maio de 1999 (BOE do 26 de maio), para a provisión da praza número 99/020 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de Fermín Luis Bescansa López, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, de 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fermín Luis Bescansa López profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construcccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 13 de abril de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña