Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.182

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de abril de 2000 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Balneario de Cortegada.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Balneario de Cortegada, con domicilio en Cortegada.

Supostos de feito.

1. Avelino de Francisco Martínez, na súa calidade de administrador da fundación, en escrito do 21 de febreiro de 2000, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Cañiza, o día 15 de xaneiro de 2000, ante o notario Álvaro Lorenzo-Fariña Domínguez, co número cento dous do seu protocolo, por Avelino de Francisco Martínez, José Ramón Álvarez Soñora, Jesús Ángel Seoane Montero, Enrique Carpintero Araújo; interveñen no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a promoción das augas mineromedicinais de Cortegada de Baños, así como o aproveitamento dos acuíferos mineromedicinais do contorno, o desenvolvemento de todo tipo de actividades relacionadas coas augas minero-medicinais e o termalismo, en xeral, nos seus aspectos medicinais, sanitarios e lúdicos. E, na medida do posible, cooperar ó desenvolvemento da zona de Cortegada de Baños e o seu contorno, promovendo para iso as actividades encamiñadas para tal fin.

4. O padroado da fundación estará constituído por Avelino de Francisco Martínez como presidente, José Ramón Álvarez Soñora como vicepresidente, Jesús Ángel Seoane Montero como tesoureiro, José Manuel Gil Fernández como secretario e Benjamín Francisco Martínez e Sixto Osorio Montero como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Balneario de Cortegada, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de

autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 25 de abril de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Balneario de Cortegada e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública