Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.E.1 do PERI U.A.6 Sensat (expediente 4042/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 2 de marzo de 2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanizaicón da U.E.1 do PERI U.A.6 Sensat (expediente 4042/401), redactado polo arquitecto Xosé A. Comesaña García e visado polo COAG con datas do 14 de xuño e 27 de setembro de 1999, e cun orzamento de execución material de 29.973.867 pesetas, condicionada á presentación dun aval polo 100% do orzamento, e debendo a súa execución axustarse ás precisións sinaladas nos informes técnicos municipais do 30 de setembro e do 1 de outubro de 1999, e sinaladamente, as que se seguen:

-Durante a execución das obras reservaranse zonas para colectores de lixo.

-A construcción de muros de contención farase de xeito que as súas zapatas non invadan zonas de dominio público.

-A traza da canalización de gas deberá ser sinalada claramente en superficie mediante placas indicativas, as cales deberán indicar tamén os cambios de dirección. A distancia entre placas non superará en ningún caso os 25 metros.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán inerpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Sen embargo, interposto o recurso de reposición non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio deste anuncio notifícanselle-los acordos que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 21 de marzo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo