Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión municipal de Goberno, en sesión realizada o día 3 de abril de 2000, a reforma do proxecto de urbanización do Plan parcial de ordenación, sector AB-1, redactado por Cristina Fernández Cid e Pablo Rodríguez Vales-Villamarín e promovido pola comunidade de propietarios do Centro Comercial A Barca, visado o 24 de febreiro de 2000.

Exponse ó público durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente está á disposición de quen queira examinalo, na Unidade de Obras, para formula-las alegacións pertinentes.

Poio, 5 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado