Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/59-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Urb. Casablanca-Vales V.-Lope de Vega-A Palloza.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 495 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que xunta os C.T. de Urb. Casablanca co C.T. Vales Villamarín pasando polos CC.TT. de Buenavista e travesía de Buenavista. L.M.T.S. a 15/20 kV de 460 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que enlaza o C.T. da Palloza e o C.T. Lope de Vega. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 31 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña