Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. P. Vigo I-P. Vigo II-M. Pelayo-Linares Rivas.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 375 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte do C.T. Linares Rivas, pasando polo C.T. Menéndez Pelayo e C.T. praza de Vigo I e final no C.T. praza de Vigo II. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 31 de marzo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña