Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.151

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e a base I.4.1. das que rexen o proceso selectivo convocado por Orde de 21 de decembro de 1999 (DOG nº 248, do 27 de decembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

A lista de aspirantes admitidos atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no da delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

O aspirante excluído disporá do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Se dentro do prazo sinalado non corrixe o defecto motivo da exclusión, será definitivamente excluído.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formularen reclamación.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación provisional de excluídos no proceso

selectivo para o ingreso na escala de letrados

da Xunta de Galicia

* Acceso libre.

Apelidos e nome: Seoane Domínguez, Carlos.

DNI: 32.819.230.

Idioma: inglés.

Causa exclusión: non presenta DNI.