Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 25 de abril de 2000 pola que se acorda continua-la tramitación, con cargo ós orzamentos do ano 2000, das solicitudes acollidas á Orde do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

Con data do 24 de maio de 1996, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes publicou a Orde do 13 de maio de 1996, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

Con data do 17 de xuño de 1998, a Consellería de Medio Ambiente publicou a Orde do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

Con data do 4 de xuño de 1999, a Consellería de Medio Ambiente publicou a Orde do 27 de maio de 1999, pola que se acorda continua-la tramitación, con cargo ós orzamentos do ano 1999, das solicitudes presentadas ó abeiro das ordes do 13 de maio de 1996 e do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

Dado que as dispoñibilidades orzamentarias do ano 1999 non permitiron atende-la totalidade das solicitudes presentadas, é preciso continua-la súa tramitación con cargo ós orzamentos do ano 2000.

En consecuencia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 482/1997, do 30 de decembro, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As solicitudes acollidas á Orde do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada por falta de crédito, poderán ser tidas en conta ó abeiro desta orde durante o exercicio de 2000. A tramitación dos expedientes efectuarase conforme os requisitos e criterios da Orde do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques, e continuará a partir do trámite no que se atopen os expedientes no momento da publicación no DOG desta orde.

Artigo 2º.-Financiamento.

As accións previstas nesta orde financiaranse, no exercicio do ano 2000, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 15.02.614 C.770.0 por un importe de 40 millóns de pesetas, que poderá ser incrementado con fondos comunitarios, do Estado, ou da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente