Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.062

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 03/0007221/2000 E.M., interposto por Manuel Otero Ramos.

Recibida comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo número 03/0007221/2000 E.M., interposto por Manuel Otero Ramos, contra o Decreto 348/1999, do 23 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación

para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación para a ordenación funcional da rúa San Lázaro (Camiño francés), tramo: estrada N-547.

A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que, se o consideran conveniente, poidan comparecer no prazo de nove días, como parte ante a sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.

José A. Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local