Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/23-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., San Cibrao-Rairo (subestación-C.T.1).

Situación: San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas: pase a conducción soterrada das liñas aéreas a 20 kV denominadas: L-04 Rairo, L-09 Rairo, L-10 Allariz e L-11 Celanova, que unen a subestación de San Cibrao co C.T.1. seguindo en conducción aérea.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de marzo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense