Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/24-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Alberguería, Cachaldora, Cerreda.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 131 m en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde o apoio nº 24 da L.M.T., Luíntra-Cerreda e con final no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, 20.000/380-220 V en Cerreda. Redes de baixa tensión en Cerreda, Cachaldora, Alberguería e O Río.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de marzo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense