Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.020

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (102/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 102/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1999.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas nº 102/1999, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, no que foi parte denunciante o axente da policía municipal con carné profesional 113, coa defensa letrada de Esperanza Cobas Prieto; aparece como parte denunciada Leticia Álvarez Lorenzo, maior de idade. O Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido:

Que debo condenar e condeno a Leticia Álvarez Lorenzo como autora responsable dunha falta de de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade, do artigo 634 do Código Penal, á pena de 30 días de multa a razón de 500 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arresto de fin de semana. Así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Leticia Álvarez Lorenzo, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 4 de abril de 2000.

O secretario

Rubricado