Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.020

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (55/1999).

Óscar Méndez Fernández, secretario de primeira instancia número dous de Corcubión e o seu partido

xudicial, fai saber que neste xulgado se segue expediente de xurisdicción voluntaria co número 55/1999, promovido por Ubaldo Manuel Lema Mourelle, sobre declaración de falecemento de Manuel Mourelle Sánchez e Jacobo Mourelle Sánchez, nacidos o día 6 de setembro de 1906 e 1 de febreiro de 1908 respectivamente, fillos de Alfonso Mourelle Tomé e María Josefa Sánchez Pulleiro, con último domicilio coñecido no concello de Zas. Desapareceron no ano 1925 cando emprenderon viaxe a América, sen que desde entón se tivesen noticias deles. Se vivisen, neste ano terían 94 e 92 anos respectivamente.

E para a súa inserción no DOG e para o público coñecemento, estendo este edicto en Corcubión o vinteoito de xaneiro de dous mil.

O secretario xudicial

Rubricado