Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 6.974

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2000 pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, formación profesional, escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

De conformidade co establecido na base décimo oitava da orde desta consellería do 20 de outubro

de 1999 (DOG do 28), pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, formación profesional, escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles destino definitivo en virtude de concurso de traslados ós profesores que figuran nos anexos I, II, III e IV, nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Declarar en situación de expectativa de destino os profesores que se relacionan no anexo V.

Terceiro.-De conformidade co establecido na base vixésima da Orde do 20 de outubro de 1999, a toma de posesión dos novos destinos adxudicados terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2000, polo que o cesamento se expedirá con efectividade do 31 de agosto de 2000.

Non obstante, os profesores que obtivesen destino neste concurso deberán permanecer nos seus centros de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Cuarto.-Os profesores que, exercendo o dereito de retorno, obtivesen destino na praza que posuían con anterioridade ó proceso de adscrición regulado pola Orde do 1 de outubro de 1998, para efectos de determina-la antigüidade ininterrompida na praza, nos futuros concursos de traslados, acumularán ós anos de servicio que presten na praza os desempeñados anteriormente nela e os prestados no centro de adscrición.

Quinto.-Ós profesores que obteñan destino desde a situación de suprimido ou desprazado ou exercendo o dereito de retorno, faráselles constar esta circunstancia na dilixencia de toma de posesión.

Sexto.-Os profesores participantes neste concurso de traslados que presentasen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no Servicio de Profesorado de Ensinanzas Secundaria e Especiais desta consellería (San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de transcorridos dous meses desde a publicación da presente orde.

Sétimo.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal