Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 6.950

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN conxunta do 17 de abril de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto asinado pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CESM-SATSE, sobre selección temporal de determinados postos de traballo de persoal funcionario da escala de saúde pública e Administración sanitaria con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde.

No Marco da Mesa Sectorial de Persoal Sanitario negociouse este pacto coa finalidade de establecer un sistema regrado de acceso temporal ós postos funcionariais da escala de saúde pública e Administración sanitaria para as diversas clases de persoal que a integran.

No decurso da negociación tívose en conta de xeito moi especial a referente do pacto xeral sobre selección temporal das categorías de persoal estatutario, subscrito con data do 4 de febreiro de 2000 e publicado no DOG nº 39, do 25 de febreiro de 2000. Na norma

terceira do citado pacto xa se considera a inclusión da cobertura temporal destes postos de traballo, aínda que non se configura e anexa o baremo específico e independente para proceder á selección e confección das listas dos profesionais aspirantes.

De tal proceso negociador resultou o pacto anexo asinado entre a Administración sanitaria e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CESM-SATSE, celebrado de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, regulamentadora dos órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

O contido do devandito pacto é o que figura como anexo a esta resolución.

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, precísase a súa publicación no DOG.

Na súa virtude,

RESOLVE:

Acorda-la publicación do pacto sobre selección temporal de determinados postos funcionariais da escala de saúde pública e Administración sanitaria con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Manuel Antonio Silva RomeroValeriano Martínez García

Secretario xeral da Consellería Director xeral da División

de Sanidade e Servicios Sociais de Recursos Humanos do

Servicio Galego de Saúde

ANEXO

En Santiago de Compostela o dezasete de abril do ano dous mil, no Marco da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario, e de conformidade coas facultades conferidas no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias outorgadas á referida mesa sectorial por acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais, subscrito con data do 7 de setembro de 1991, polos representantes da Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CESM-SATSE, tralo proceso negociador mantido no seo das comisións de traballo creadas ad hoc pola Mesa Sectorial Sanitaria, subscríbese este pacto sobre sistema de selección temporal dos postos funcionariais da escala de saúde pública e Administración sanitaria con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no

Servicio Galego de Saúde.

I. Normas xerais.

Primeira.-Vixencia.

Este pacto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG e terá idéntica vixencia có pacto do 4 de febreiro de 2000 (DOG do 25 de febreiro), coa aplicación do sistema de prórroga automática previsto neste último (norma xeral 2).

Segunda.-Ámbito de aplicación.

Este pacto, co ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, será aplicable para a selección dos aspirantes, coa súa vinculación temporal a través dos nomeamentos que se formalicen, ós postos de traballo de persoal funcionario da escala de saúde pública e Administración sanitaria con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde, das seguintes clases:

Grupo A:

Médicos.

Biólogos.

Farmacéuticos.

Psicólogos.

Químicos.

Terceiro.-Réxime de selección, ordenación e chamamentos.

Para a selección, ordenación e réxime dos chamamentos dos aspirantes ós postos de traballo de persoal funcionario da escala de saúde pública e Administración sanitaria referenciados no epígrafe anterior, aplicarase o contido das normas xerais previstas no pacto do 4 de febreiro de 2000 asinado pola Administración sanitaria e as mesmas organizacións sindicais que subscriben este, e que foi publicado no DOG nº 39, do 25 de febreiro de 2000. Excepcionarase o ámbito das listas previsto naquel que para este pacto será de Comunidade Autónoma.

II. Baremo.

Resultan aplicables os criterios xerais informadores para a confección dos baremos previstos no pacto referenciado do 2 de febreiro de 2000, debidamente adaptados ó específico baremo confeccionado para a selección temporal das clases funcionariais previstas neste pacto.

Baremo para as clases funcionariais integrantes do grupo A:

Médicos.

Biólogos.

Farmacéuticos.

Psicólogos.

Químicos.

Baremo que rexerá a selección de prazas de funcionarios: escala de saúde pública e Administración sanitaria:

Grupo A: médicos, biólogos, farmaceúticos, psicólogos e químicos.

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos neste epígrafe será de 3,5 puntos.

1) Estudios de licenciatura:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

* A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

* Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2) Posgrao (a puntuación máxima acadable neste punto será de 1 punto):

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos.

3) Grao de doutor: 1,5 puntos.

* A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nos puntos 2 e 3 será de 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para os efectos deste punto os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea, ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia.

II. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 4 puntos.

1. Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, reais academias e colexios oficiais, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da clase á que opte.

-Duración de 40-100 horas: 0,10 puntos.

-Duración de 101-250 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 251-450 horas: 0,40 puntos.

-Duracion de 451 en diante: 1,20 puntos.

2. Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 61 en adiante: 1 punto.

3. Formación complementaria:

Diplomado en sanidade: 0,5 puntos.

Oficial sanitario ou mestrado en Saúde Pública e Administración Sanitaria emitido por unha escola pública ou universidade: 1,5 puntos.

A acreditación dos cursos deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberán constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolmento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais, será innecesario

acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 4 puntos.

1. Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias do Sistema Nacional, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da clase á que opte.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal ou autonómica, e universidades, reais academias, colexios oficiais, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da clase á que opte.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da clase á que opte.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

2. Formación complementaria:

Diplomado en sanidade: 0,5 puntos.

Oficial sanitario ou mestrado en Saúde Pública e Administración Sanitaria emitido por unha escola pública ou universidade: 1,5 puntos.

Actualización da formación: aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 4 puntos neste punto de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e puntuacións anteriores.

d) Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberán constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, acreditados polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias do Sistema Nacional, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que opte nos cursos do primeiro epígrafe.

Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia

a el (con expresión, de selo caso, da cualificación de aptitude).

C. Cursos incluídos no programa docente da especialidade:

Non serán valorados os cursos realizados durante a especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade corrrespondente.

III. Formación especializada.

O máximo de puntuación polo conxunto deste epígrafe de formación especializada será de 12 puntos.

1. Para o acceso á clase de médicos:

Os aspirantes que, para a obtención do título de médico especialista, teñan cumprido o período completo de formación como médicos residentes do programa MIR.

a) MIR en medicina preventiva e saúde pública: 7 puntos.

b) MIR especialista en medicina familiar e comunitaria: 4 puntos.

c) MIR especialista noutras especialidades: 3 puntos por especialidade.

2. Para o acceso ás clases de biólogo/farmacéutico/químico/psicólogo:

Os puntos previstos nos puntos seguintes serán aplicados á clase á que opte o aspirante respectivamente:

a) Os aspirantes que, para a obtención do título de biólogo/farmacéutico/químico/psicólogo especialista teñan cumprido o período completo de formación como residentes do programa BIR/FIR/QUIR/PIR respectivamente: 4 puntos.

b) Aspirantes que tiveran superada a convocatoria nacional para optar a prazas do programa MIR/BIR/FIR/QUIR/PIR da clase á que opten e non teñan cumprido o período completo de formación. Por cada ano completo como residentes: 0,6 puntos.

IV. Experiencia profesional.

Os puntos previstos nos puntos seguintes serán aplicados á clase á que opte o aspirante respectivamente:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 12 puntos.

1) Polos servicios prestados en postos ou prazas de especialista en medicina preventiva e saúde pública en centros ou organizacións do Sistema Nacional de Saúde; en postos, prazas ou funcións da escala de saúde pública e de Administración sanitaria da Xunta de Galicia como médico/biólogo/farmacéutico/químico ou psicologo; ou en postos, prazas ou funcións de corpos homólogos noutras administracións sanitarias de España ou da UE: 0,083 puntos por cada mes completo.

2) Polos servicios prestados en prazas de especialista en medicina preventiva e saúde pública ou servicios prestados en prazas, postos ou funcións de médico/biólogo/farmacéutico/químico ou psicólogo en institucións privadas españolas ou dun país da UE: 0,02 puntos por cada mes completo.

Non poderán valorarse simultaneamente os servicios prestados en dous ou máis puntos se o son en postos incompatibles entre si, de conformidade coa normativa vixente para estes efectos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do facultativo; así e igualmente achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como facultativo.

Os servicios prestados en institucións sanitarias, tanto públicas coma privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 1,5 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 0,5 puntos.

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.