Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.855

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se publica a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados de mestres, convocado por Orde do 10 de novembro de 1999 (DOG do 24).

En aplicación do disposto na disposición trixésimo cuarta do epígrafe VIII da Orde do 10 de novembro de 1999 (DOG do 24 de novembro), esta dirección xeral resolve facer pública a adxudicación provisional dos destinos obtidos no concurso de traslados convocado pola orde que se cita, segundo os anexos desta resolución.

Contra esta resolución cabe reclamación, no prazo de oito días naturais, contados a partir do seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia. Poderase, no mesmo prazo, presentar desistencia á participación no concurso, sempre e cando se participe con carácter voluntario, advertindo os concursantes que o fan desde a situación de suprimidos que, de desistir, no suposto de que na súa localidade ou zona se adxudique vacante das especialidades que teñan acreditadas, decaerán no dereito preferente que teñen recoñecido.

Os que simultaneamente participan no concurso específico de orientación poderán, igualmente, presentar renuncia a un dos concursos, á súa opción, nos prazos sinalados no anterior parágrafo e na Resolución do 5 de abril de 2000 (DOG do 11 de abril).

Transcorrido o prazo, esta dirección xeral elevará a definitiva a adxudicación de destinos.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2000.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal