Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.855

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000 pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para a contratación dun experto na obra xornalística de Otero Pedrayo.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato para a realización de traballos específicos e concretos non habituais da Administración arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, estrada Santiago de Compostela a Noia, km 3, A Barcia, teléfono 981 54 25 39), faise público:

1. Obxecto: contratación dun experto na obra xornalística de Otero Pedrayo para a edición do Parladoiro.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 4.200.000 ptas., IVE incluído.

4. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 7 do prego de cláusulas administrativas

particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, estrada de Santiago de Compostela a Noia, km 3, A Barcia, ás 11 horas do terceiro día contado a partir do seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2000.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística