Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000 pola que se fixa a data na que terá lugar o acto de apertura dos sobres que conteñen os votos para a elección dos vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais.

Proclamados os candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais por Resolución do 24 de marzo de 2000 (DOG nº 67, do 5 de abril), e dando cumprimento ó disposto no artigo 3.3º da Orde do 25 de xaneiro de 2000 (DOG nº 25, do 7 de febreiro), esta consellería

RESOLVE:

Sinala-la realización do acto de apertura dos sobres que conteñen os votos, co fin de elixi-los vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais, que se efectuará o día 9 de maio de 2000, ás 11 horas, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais