Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de febreiro de 2000 pola que se regulan, dentro das feiras culturais, as seccións de feiras do libro en Galicia para celebrar no ano 2000.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG do 9 de marzo pasado, cómpre face-la oportuna corrección:

No artigo 13, parágrafo 2º, onde di: «A admisión, para as casetas con venda nas feiras do libro rexerase polas seguintes cotas:», debe dicir: «A admisión, para as casetas nas feiras do libro rexerase polas seguintes cotas:».