Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.840

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ACORDO do 22 de marzo de 2000 polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal facultativo especialista e dun técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía conforme a Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia número 227, do 20 de novembro).

Acordo do Padroado da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, do 22 de marzo de 2000, polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal facultativo especialista e dun técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía conforme a Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro).

Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria da selección dos seguintes postos de traballo: tres especialistas en anestesia (Ref. ANR) un posto de especialista en otorrinolaringoloxía (Ref. OTOR), un técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía (Ref. ANA) de acordo coas seguintes bases:

Titulación:

-Anestesistas e otorrinolaringólogo: a que corresponda, vía MIR ou equivalente.

-Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía (Real decreto 538/1995, do 7 de abril, BOE do 3 de xuño).

Requisitos:

-Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía: experiencia suficientemente acreditada en técnicas citolóxicas, especialmente en Screening.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, en materia de fomento da contratación indefinida e tamén ó disposto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores. O contrato será a tempo completo.

Procedemento de selección: consistirá nunha proba que será eliminatoria, sobre a especialidade. Os candidatos que superen a proba someteranse, nunha segunda fase, á baremación do currículum vitae e á realización dunha entrevista a cada un dos aspirantes, cunha ponderación da valoración global do 45% e 55% respectivamente.

A selección será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

Puntuación final e aspirantes seleccionados: coas puntuacións outorgadas confeccionarase a listaxe final. Se se considera que os candidatos non reúnen os requisitos mínimos, declararase deserta a convocatoria.

Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes, desde que se publique esta convocatoria.

Solicitude de participación: deberase enviar un currículum vitae detallado (xustificando documentalmente os méritos alegados) ó seguinte enderezo: Recheo s/n, Paseo Marítimo 15270 Cee (A Coruña), no prazo improrrogable de 20 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, indicando no sobre a referencia correspondente, logo de aboamento da cantidade de 2.000 ptas., do que se xuntará xustificante de pagamento, en concepto de dereitos de exame, que se aboarán na conta do BBV nº 0182-5947-11-001011112/4.

Teléfono de información: 981 70 61 99.

Incorporación: a formalización do contrato e a incorporación definitiva do seleccionado producirase segundo as necesidades do servicio do hospital.

Cee, 22 de marzo de 2000.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública Hospital Virxe

da Xunqueira