Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria supletoria que tivo lugar o 12-4-2000, adoptou entre outros o acordo de aprobar inicialmente a instancia de Ramón Souto Caneda e outro, en representación de Uneda, S.L. o estudio de detalle e o proxecto de compensación dos predios nº 38-1-A, 38-1-A1, 14 31, 156 de Montouto-Cacheiras e clasificada como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

A parcela ten unha superficie neta de 2.910 m, e linda: norte: parcela María del Carmen Cacheda; sur: parcela 15 e 37; leste: parcela 38-1-B, 38-2, 41, 39, 42, 43, 45, 44-2, 47, 48, 49, 50 e oeste: estrada comarcal de Santiago-A Estrada (C-541).

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegación que estimen oportunas.

Teo, 14 de abril de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde