Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 17 de abril de 2000, do Departamento de Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica, pola que se notifica a resolución pola que se acorda a recuperación e o desafiuzamento administrativo de concesión administrativa, devolta polo servicio de corrreos por ausencia dos destinatarios.

Pola presente cédula, notifícaselles ós herdeiros de Francisca Vizoso Barro con último domicilio coñecido en r/ Espartero, nº 57, 2º, Ferrol (A Coru

ña), mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol, que o 10 de novembro de 1999 o presidente de Portos de Galicia, de conformidade cos artigos 10 e 108 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 181, do 29 de xullo) dictou resolución na que se acorda a recuperación e desafiuzamento administrativo dos terrreos e instalacións integrantes do dominio público portuario correspondentes á concesión outorgada por RO do 28 -8-1928 a José Barro González e caducada o 20-9-1990 para construcción de almacén para mercadorías destinado a uso particular na zona de servicio do porto de Viveiro, por atoparse a concesión extinguida e ocupada indebidamente e sen título habilitante ningún.

Outórgaselles un prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia ou á exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol, para proceder ó desaloxo e abandono voluntario das instalacións, podendo retirarse dentro dese prazo tódolos equipos e materiais diversos da propiedade dos ocupantes sen mingua ou deterioración nas instalacións; noutro caso Portos de Galicia procederá á execución subsidiaria da resolución retirando os devanditos equipos e materiais con cargo ó propietario deles.

Así mesmo, fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda da Coruña ou o xulgado do contencioso-administrativo competente na circunscrición onde teñan o seu domicilio nun prazo de dous meses contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia ou a exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol, ou recurso potestativo de reposición perante o presidente do ente público Portos de Galicia nun prazo dun mes contado desde a mesma data. Comunícanselles, para estes efectos, que poderán comparecer na sede dos servicios centrais de Portos de Galicia sita no edificio de Área Central, praza de Europa, nº 5ª-6º, Santiago de Compostela, para os efectos do coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e constancia del.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Manuel Bautís Cheda

Xefe do Departamento de Secretaría

Xeral-Asesoría Xurídica.