Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de febreiro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 350, de clasificación do monte Neixón e Vidres, pertencente ó lugar de Nine, parroquia de Cespón, concello de Boiro.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente 350, de cla

sificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Neixón e Vidres.

Comunidade: lugar de Nine.

Parroquia: Cespón.

Concello: Boiro.

Superficie: 16 ha.

Estremas:

Norte: predios particulares de Ramón Otero, Gabriel Romero e outros veciños de Nine. Leste: ría de Arousa. Sur: ría de Arousa. Oeste: ría de Arousa e predios particulares de Hdros. de José Teira, Manuel Lustres e outros veciños de Nine.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 2000, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2000.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor