Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración de marcas de identificación de gando.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente:Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de marcas de identificación de gando; de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que se van entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: a forma de licitación será por lotes.

Lote 1: marcas de identificación de gando bovino.

Lote 2: marcas de identificación de gando ovino-cabrún.

Lote 3: marcas de identificación de gando porcino.

d) Lugar de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: quince (15) días contados a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento corenta e oito millóns de pesetas (148.000.000 de ptas.) (889.498 euros).

Lote 1: 143.000.000 de ptas. (859.448 euros).

Lote 2: 3.700.000 ptas. (22.237 euros).

Lote 3: 1.300.000 ptas. (7.813 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% de cada lote.

Definitiva: 4% de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal.

b) Domicilio: Edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 33.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación:o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 24 de maio de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 5 de xuño de 2000.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243 do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Territorial