Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-115/1999-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución dictada no expediente con data do 14-3-2000, por infracción ó Regulamento de epizootias, regulada no Decreto do 4-2-1955.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da puublicación desta notificación, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 21 de marzo de 2000.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-115/1999-PO.

Denunciado: José Carlos Vila Burgo.

Último enderezo coñecido: Entenza-Castelo-Salceda de Caselas.

Feito denunciado: falta desinfección vehículo, falta inscrición vehículo e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 52.2º, 52.4º e 217.3º do Decreto do 4-2-1955 polo que se aproba o regulamento á Lei de epizootias do 20-12-1952.

Sanción: 15.000 pesetas segundo o artigo 224 e 10.000 pesetas segundo o artigo 217.3º.