Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.804

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 14 de abril de 2000 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1993, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo de San Caetano, bloque terceiro, baixo, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a, para ocupar un posto de traballo dos relacionados no anexo I desta orde, un/ha funcionario/a con destino

noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste sentido, de non emitirse no prazo de 15 días, tal coma dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado/a.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que o novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou de reingreso ó servicio activo, e este comezarase a contar desde o día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación desta.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu domicilio o demandante ou ben no da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda

ANEXO I

Denominación e código do postoNivelComplem.

específico

Tipo

posto

GrupoCorpo/escalaForm. Espec.

Req. Impres.

Centro directivo

ou dependencia

Localidade

Xefe Servicio de Fiscalización e Contabilidade

EFC030001415770005

281.737.708NA/BXeral (Esc. finanzas A9.3/A9.6)Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Xefe Servicio de Contas e Análises Financeiras

EFC030000215770013

281.737.708NA/BXeral (Esc. finanzas A9.3/A9.6)Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Xefe Servicio de Control Financeiro en Sociedades Mercantís

EFC030000415770005

281.737.708NA/BXeral (Esc. finanzas A9.3/A9.6)Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Xefe Servicio de Fiscalización e Contabilidade

EFC030001215770005

281.737.708NA/BXeral (Esc. finanzas A9.3/A9.6)Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Xefe Servicio de Fiscalización e Xestión

EFC030000115770005

281.737.708NA Xeral (Esc. finanzas A9.3)Licenc.

dereito

Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Xefe Servicio de Inspección Tributaria

EFC991000032001059

281.459.404NA/BXeral (Esc. finanzas A9.1/A9.4)Delegación territorialOurense

Xefe Servicio de Recadación

EFC991000036001075

281.459.404NA/BXeral (Esc. finanzas A9.1/A9.2/A9.4/A9.5)Delegación territorialPontevedra