Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial de estudio de detalle.

Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía con data do 18 de febreiro de 2000 o proxecto de estudio de detalle redactado por Luis Couto González por iniciativa do concello e denominado estudio de detalle para reordenación das zonas dotacionais incluídas dentro do ámbito da UA-6 Sigüeiro-Oroso, exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Oroso, 18 de febreiro de 2000.

Eugenio Neira García

Alcalde