Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

INFORMACIÓN pública.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato: adquisición dun vehículo-turismo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 1.600.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 32.200 ptas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Monterroso, praza de Galicia, nº 1; teléfono 982 37 70 01.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 6 e 11.2.b.3) do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre «A», subtitulado proposición económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura na cláusula 23) do prego.

Sobre «B», subtitulado documentos xerais para o concurso de subministración dun vehículo-turismo. Conterá a documentación á que se refire a base 11.2 do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Monterroso, praza de Galicia, 1.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes ou melloras cualitativas sobre as características establecidas no prego de prescricións técnicas, así como melloras ofertadas mediante a adición das denominadas opcións.

9. Apertura de plicas: no salón de sesión da Casa do Concello de Monterroso, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Monterroso, 30 de marzo de 2000.

Antono Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente