Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación da Madanela. Remourelle.
Situación: Ribadeo.
Características técnicas: L.M.T. a C.T. da Madanela a 20 kV en Al-56 de 488 m de lonxitude. L.M.T. a C.T. de Tombiña a 20 kV en Al-56 de 43 m de lonxitude. Dous centros de transformación de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 250 m de lonxitude.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria
e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Lugo, 24 de febreiro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo