Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público para a contratación, mediante procedemento aberto con tramitación urxente, das obras de substitución de cuberta, reparación de aseos e interiores no CEIP das Vendas da Barreira, Riós e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta, reparación de aseos e interiores no CEIP das Vendas da Barreira. Riós. (Ourense). (Expediente OU 1/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 9.999.999 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.2. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta e obras varias no CEIP de Medeiros. Monterrei (Ourense). (Expediente OU 2/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 8.000.000 de ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.3. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta, reparacións de aseos e interiores no CEIP Princesa de España de Verín (Ourense). (Expediente OU 3/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 14.999.999 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.4.a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta, reparacións de instalacións e obras varias no CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas de Bande. (Ourense). (Expediente OU 4/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 22.343.371 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría D.

2.5.a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta, carpintería exterior e aseos no IES nº 1 do Carballiño. (Ourense). (Expediente OU 5/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 24.999.999 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría D.

2.6.a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta e cambio de calefacción no CEIP Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras. (Ourense).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 12.999.626 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.7. a) Descrición do obxecto: reposición de cuberta e carpintería exterior no CEIP Manuel Respino da Rúa. (Ourense). (Expediente OU 7/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 9.999.999 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C

2.8. a) Descrición do obxecto: peche de parcela, reparación de aseos e construcción de seminarios no CPI de Cambeo. Coles (Ourense). (Expediente OU 8/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 11.961.132 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.9. a) Descrición do obxecto: carpintería exterior e obras varias no CEIP de Eiroas. (Ourense). (Expediente OU 9/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 9.621.372 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.10. a) Descrición do obxecto: carpintería exterior e obras varias no CPI de San Cristovo de Cea. (Ourense). (Expediente OU 10/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 11.999.310 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.11. a) Descrición do obxecto: construcción e cubrición de pista polideportiva no CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras. (Ourense). (Expediente OU 11/2000).

b) Prazo de execución: 5 meses.

c) Orzamento da obra: 24.999.993 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.12. a) Descrición do obxecto: ampliación de dúas aulas no CEIP de Prácticas. Ourense. (Expediente OU 12/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 9.607.260 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.13. a) Descrición do obxecto: reparación de cuberta, fachadas, calefacción e obras varias no CEIP Alameda de Ribadavia. (Ourense). (Expediente OU 13/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 12.999.997 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.14. a) Descrición do obxecto: substitución de carpintería exterior, reparación de cuberta e patio no CEIP Roberto Blanco Torres da Peroxa. (Ourense). (Expediente OU 14/2000).

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento da obra: 12.995.115 ptas., IVE incluído.

d) Garantía provisional: non se esixe.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, a partir das 9 horas do cuarto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na rúa Concello 11, Ourense, teléfono 988 21 04 20.

Anuncios: o importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 13 de abril de 2000.

José Luis Vázquez Fernández

Delegado provincial de Ourense