Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.723

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de abril de 2000 de modificación da do 6 de novembro de 1989 pola que se aproba a reordenación dos polígonos de bateas denominados A, B e C, do distrito marítimo de Ferrol.

Os polígonos de bateas denominados A, B e C, do distrito marítimo de Ferrol foron creados por orde do Ministerio de Comercio do 14 de febreiro de 1974 (BOE nº 75, do 28 de marzo).

No Diario Oficial de Galicia nº 230, do 30 de novembro de 1989, publicábase a Orde do 6 de novembro de 1989 pola que se aprobaba a reordenación dos polígonos de bateas A, B e C, do distrito marítimo de Ferrol.

Na orde que se modifica, dispúñase no punto 1 que se daba por rematada a reordenación dos polígonos A, B e C, do distrito marítimo de Ferrol, que se mantiñan nas mesmas circunstancias de localización, deseño e número de puntos de fondeo que se describían na orde do Ministerio de Comercio do 14 de febreiro de 1974.

Ante a discrepancia observada entre a situación xeográfica dos vértices do polígono Ferrol B e o indicado, tanto na capacidade total do polígono como no seu plano de situación, faise necesaria a modificación da situación dos vértices xeográficos do polígono Ferrol B, para poder mante-la capacidade total mencionada na orde ministerial antes citada.

Por todo iso, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

DISPON:

Artigo único

A redacción do punto 1, da orde da Consellería de Pesca do 6 de novembro de 1989, queda modificada da seguinte maneira:

Dáse por rematada a reordenación dos polígonos A, B e C, do distrito marítimo de Ferrol, manténdose os polígonos A e C nas mesmas circunstancias de localización, deseño e número de cuadrículas que se describen na orde do Ministerio de Comercio do 14 de febreiro de 1974.

O polígono B mantense nas mesmas circunstancias de deseño e número de cuadrículas que se describen na orde ministerial antes citada, sendo a situación xeográfica dos seus vértices, segundo as coordenadas obtidas na carta nº 412-A das rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña, a seguinte:

Vértice A43º 25,1500' N8º 12,6800' W

Vértice B43º 25,1500' N8º 12,3800' W

Vértice C43º 25,0480' N8º 12,3800' W

Vértice D43º 25,0480' N8º 12,3800' W

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura