Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.702

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 17 de abril de 2000 pola que se designan o presidente e o vicepresidente do consello regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

De conformidade co establecido nos artigos 36.2º e 38.4º b do Regulamento da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e do seu consello regulador, unha vez asumidas as funcións na materia en virtude do artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía para Galicia e despois de recibidas as propostas por parte dos membros do consello regulador, conforme as atribucións que me veñen conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnanse presidente e vicepresidente do consello regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega a Jesús González Vázquez e a Juan José Estévez Fernández, respectivamente.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria