Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Cervo pola que se fai pública a convocatoria de licitación para compra-venda dunha máquina - vehículo especial - cargadora retroescavadora. Modalidade contrato privado da Administración, artigo 5.3º e 9º da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Para cumprir co disposto na Lei de Administración local de Galicia, faise público este anuncio de licitación:

O Concello de Cervo compra unha máquina - vehículo especial - cargadora retroescavadora, segundo as características que constan no prego de condicións.

Os interesados deberán facerse cargo dunha máquina Torfersa, Titanio 3000 - hidrostática, propiedade do Concello de Cervo. A súa valoración económica é de 1.600.000 ptas.

O tipo de licitación é de 4.500.000 ptas., IVE, demais impostos e gastos incluídos.

O prazo de presentación de ofertas será de 13 días naturais contados desde a publicación do anuncio normalizado de licitación no BOP.

Para obter máis información deberán poñerse en contacto coa administración xeral do Concello de Cervo (Lugo). Tfno.: 982 55 77 77.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cervo, 23 de marzo de 2000.

José Insua Pernas

Alcalde