Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 5 de abril de 2000, acordou aproba-lo prego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación da subministración, por procedemento aberto mediante concurso urxente, dunha retropá no Concello de Caldas de Reis, polo que se anuncia a licitación e se fan públicas as características esenciais da contratación, segundo se reflicte a continuación:

1. Proxecto: subministración dunha retropá polo sistema de leasing.

2. Tipo de licitación: 12.233.253 ptas.

3. Procedemento e trámite: concurso aberto con tramitación urxente.

4. Criterios de adxudicación: os criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso serán os seguintes:

-Baixa: 1 punto.

-Calidade dos bens subministrados: 5 puntos.

-Menor prazo de entrega: 1 punto.

-Maior prazo de mantemento e asistencia por conta do subministrador: 3 puntos.

5. Partida: 0/432/203.00.

6. Prazo de entrega: dous meses.

7. Lugar de presentación proposicións: rexistro da casa do concello.

8. Prazo de presentación proposicións: trece días naturais a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

9. Fianza provisional: 244.665 ptas.

10. Fianza definitiva: 489.330 ptas.

11. Taxas: segundo a ordenanza.

12. Gastos de anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Caldas de Reis, 14 de abril de 2000.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde